BENVIDA AO CURSO 2023-2024

Xa chegou o novo curso 2023/2024 e con él a Coordinación de Emprendemento do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto, que dende a web do centro segue a fomentar o emprendemento entre o noso alumnado e promocionar a cultura emprendedora.

 

Así, se vos informará de diferentes actividades como: concursos, charlas, conferencias, mesas redondas, etc. co obxectivo de formar tanto aos docentes como ao alumnado en materia de emprendemento e incentivar e motivar ao alumnado de cara a emprender un proxecto empresarial.
 

Contamos cun VIVEIRO DE EMPRESAS que durante este curso estase a reformar para dotalo do espazo e recursos axeitados para levar as xestións necesarias para a posta en marcha da túa iniciativa emprendedora. No viveiro tamén contarás con asesoramento para o teu proxecto.
Poden acceder os alumnos que teñan un proxecto empresarial a desenvolver en Galicia, sempre que estean matriculados no derradeiro curso dun ciclo formativo de formación profesional, os que o remataran nos catro últimos anos, e tamén os que estean a estudar bacharelato.

O procedemento de acceso consiste en:

  • Entrevista incial coa titora do viveiro

  • Elaboración do plan de empresa

  • Se o proxecto se valora como viable, asinarase o Contrato de cesión de espazo no viveiro de empresas do CIFP, para usar de forma gratuíta as instalacións do viveiro como sede da empresa.

     

Poderase disfrutar das instalacións do viveiro por un prazo de 2 anos, prorrogable nalgúns casos ata 3 anos.

Para mais información, contactar coa Coordinadora de Emprendemento: Paula Díaz Carballada, a través do seguinte correo:

 

emprende.pauladiazcarballada@gmail.com

 

Un saúdo