O vindeiro xoves, 14 de novembro terá lugar no salón de actos, ás 12:00 horas, unha nova edición do Programa Actúa, dentro do Progama EDUEMPRENDE da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Este programa é unha acción que se desenvolve directamente nos centros educativos e consiste en achegar a realidade emprendedora a eles coa presenza activa de persoal técnico do IGAPE e dunha/s persoa/s emprendedora/s que dean a coñecer ao alumnado a súa experiencia persoal, como ferramenta que lle permita afianzar o espírito emprendedor e a iniciativa empresarial a partir de aptitudes como a creatividade, a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico.
Desenvólvese en dúas fases:
Fase 1: A actividade emprendedora como unha alternativa laboral para o alumnado.
Participación de persoal técnico do IGAPE e presentación dunha/s persoa/s emprendedora/s.
Fase 2: Análise na aula entre o profesorado e o alumnado participante na actividade para obter conclusións
A primeira fase é a que terá lugar o mércores 14 do presente, ten unha duración estimada de 90 minutos, divididos en tres partes de 30 minutos aproximadamente cada unha:
- Participación de persoal técnico do IGAPE. Presentará e coordinará a actividade, contestanto ás cuestións, dúbidas e inquedanzas que o alumnado asistente formule. Favorécese a participación activa do alumnado.
- Presentación dunha/s persoa/s emprendedora/s que compartan co alumnado a súa experiencia persoal (como xurdiu a súa idea, como puxo en marcha a súa empresa, que problemas tivo e como os solucionou, como o financiou…).
- Mesa redonda. Estas persoas participarán nun debate compartindo os distintos puntos de vista, lanzando preguntas entre eles para afondar naqueles aspectos que poidan interesar máis ao alumnado e provocando a participación deste respondendo ás cuestións ou preguntas que suxiran.