Unha publicación sobre atención educativa na contorna pediátrica chega ás aulas hospitalarias

Esta obra está destinada aos educadores e educadoras das aulas hospitalarias e, en xeral, ao profesorado que teña nalgún momento alumnado hospitalizado.

A pedagoxía hospitalaria diríxese a rapaces e rapazas que acoden a un centro sanitario por padecer unha doenza grave que afecta á súa vida cotiá. As actividades que se ofrecen desde a Aula Hospitalaria promoven en especial o desenvolvemento da linguaxe e a libre expresión, tanto por motivos formativos como terapéuticos, e coidan a comunicación fluída na lingua galega.

O libro pode consultarse no Portal da Lingua Galega: Pedagoxía hospitalaria. Atención educativa na contorna pediátrica