As nosas letras estiveron moi presentes estes días no CIFP Ánxel Casal-Monte Alto, achegándose á comunidade educativa en forma de chapas coas palabras galegas que nos namoran. Ademais, en colaboración coa biblioteca do centro, tamén puidemos agasallar con libros de literatura galega que tiveron unha estupenda acollida.