PROGRAMA INICIA 22-23
A Concellería de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego do Concello da Coruña, dentro dos Programas de Difusión da Cultura Emprendedora, organiza unha nova edición do Programa INICIA no curso escolar 2022-2023. INICIA é un programa municipal que persegue a difusión e implantación do espírito emprendedor empresarial entre o alumnado dos Centros con Ciclos de Formación Profesional e Ensinos Especiais radicados na nosa cidade.
Os obxectivos do Programa INICIA son os seguintes:
-
Desenvolver as capacidades emprendedoras do alumnado dos centros de FP e Ensinos Especiais da Coruña
-
Fomentar a difusión e implantación da cultura emprendedora en centros de FP e Ensinos Especiais da Coruña
-
Favorecer e mellorar o desenvolvemento de valores educativos tales como: creatividade, traballo en equipo, solidariedade e autonomía
-
Servir de instrumento de promoción de boas ideas empresariais, proxectos e persoas que os leven a cabo
-
Impulsar e fomentar iniciativas empresariais de interese
-
Apoiar aos/as docentes dos centros educativos na súa tarefa de formación
-
Fomentar iniciativas emprendedoras que repercutan na economía do Concello da Coruña.
O programa consta das seguintes fases:
Fase I.- Formación do alumnado (outubro-febreiro):
Módulo 1: Presentación e motivación (outubro-novembro)
Módulo 2: Viabilidade. Primeira titorización de proxectos (novembro-decembro)
Módulo 3: Segunda titorización de proxectos (xaneiro-febreiro). Posibilidade online.
Módulo 4: Taller de Presentación de proxectos (febreiro)Voluntario*: Simulación-ensaio de presentación (finais de febreiro)
Fase II.-Entrega de proxectos (primeira semana de marzo). Selección.
Fase III.- Celebración da Feira de Ideas e Premios “Formación para Emprender” (segunda quincena de marzo).
