PROGRAMA INICIA 2023

O pasado 29 de marzo celebrouse no Forum Metropolitano da Coruña a celebración do Programa INICIA 2023 do concello da Coruña. O noso instituto foi premiado como “o centro máis implicado desta edición 2023”

Pola mañá, de as 10:00 horas ata as 14:30 tivo lugar a Feira de ideas coa exposición dos proxectos finalistas participantes. Nos participamos con dous proxectos:

• Cóidate con Nos: unha caravana preparada para facer ecografías “a domicilio” na Galicia rural, do CS de Imaxe para o diagnóstico

• Oncocare & Beauty: tenda especializada en produtos oncolóxicos que poidan necesitar os pacientes de cancro, do CS de Radioterapia e Dosimetría

Os nosos stands foron moi valorados polos visitantes da Feira.

Xa pola tarde, de 16:00 a 18:00 horas, tiveron lugar as charlas de diferentes emprendedores que contaron a súa experiencia e por último foron entregados os premios nas diversas categorías, sendo o CIFP Ánxel Casal – Monte Alto, o centro que obtivo o premio anteriormente referido.

Previous
Next