Infórmase da publicación da convocatoria de bolsas do proxecto ACOREUROPA X, para a adxudicación de 14 bolsas dirixidas a titulados/as de ciclos superiores de FP, para realizar prácticas formativas de tres meses de duración (de finais de setembro a decembro de 2022) en empresas de diversos países europeos. 

O programa está dirixido a recén titulados en ciclos superiores de FP ou de cursos de especialización que acadaron a súa titulación entre decembro de 2021 ou xuño de 2022, incluida a FCT (Formación en centros de traballo). 

As bolsas incluen os seguintes gastos: as viaxes de ida e volta, o aloxamento, un seguro de  atención sanitaria e responsabilidade civil e ademáis as persoas participantes recibirán unha cantidade económica para a súa manutención e estadía de 1.500€. 

Pódese consultar máis información na web: Bolsas Europa FP. Proxecto Acoreuropa X (coruna.gal)

O prazo de inscrición é do 15 de marzo ao 3 de abril. 

As persoas interesadas en participar teñen que presentar a ficha de inscrición xunto ca documentación esixida por rexistro presencialmente (con cita previa) en calquera dos rexistros municipais (ubicados no Pazo municipal de María Pita, Fórum Metropolitano, Ágora ou Mesoiro) ou por rexistro electrónico.
• Xustificante da solicitude debidamente cumprimentada e asinada.
• Fotocopia do DNI/NIE ou pasaporte
• Fotografía recente tamaño carné (con nome no reverso).
• Se é o caso, fotocopia do documento de demandante de emprego
• Se é o caso, calqueira tíitulo oficial de idiomas.
• CV Europeo (en inglés)
• Carta de motivación (en inglés)
• Application form (en inglés)