FAMILIA SERVIZOS SOCIOCULTURAIS E Á COMUNIDADE

CS MEDIACIÓN COMUNICATIVA

iNFORMACIÓN ACADÉMICA

Familia: Servizos socioculturais e á comunidade.
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior.
Horas: 2000
Código: S20004
Título: Técnico superior en mediación comunicativa.

OFERTA FORMATIVA

Réxime ordinario: Todos os módulos se distribúen en dous cursos académicos en horario de mañá (De 8:30h a 15:00h)
Réxime adultos semi-presencial ou distancia: Cursando módulos seleccionados polo alumnado a distancia. Titorías e exámenes en horario de tarde (De 16:00 a 22:30h)

mediacion_comunicativa_baner_2_2

Que se aprende a facer?

Desenvolver intervencións de mediación comunicativa para persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva, que sexan usuarias da lingua de signos española, ou con dificultades de comunicación, linguaxe e fala; así como programas de promoción das persoas xordas e xordocegas usuarias da lingua de signos española, e de sensibilización social, respectando a idiosincrasia das persoas usuarias.

En que ámbitos se traballa?

No sector dos servizos ás persoas xordas, xordocegas, con discapacidade auditiva e con dificultades de comunicación que sexan usuarias da lingua de signos española. Estes servizos recollen os ámbitos asistenciais, educativos, sociolaborais, psicosociais e de apoio nas xestións básicas. Tamén exercen a súa actividade no sector dos servizos á comunidade, nos ámbitos da dinamización comunitaria e na promoción de igualdade de oportunidades con estes colectivos de persoas.

Que ocupacións se desempeñan?

Axente de desenvolvemento da comunidade xorda. Técnico/a en promoción, atención e formación a persoas xordas. Axente dinamizador/ora da comunidade xorda. Mediador/ora social da comunidade xorda. Axente de desenvolvemento da comunidade xordocega. Axente dinamizador da comunidade xordocega. Mediador/ora de persoas xordocegas. Asistente/a de persoas xordocegas. Mediador/ora de persoas con dificultades de comunicación.

MÓDULOS

Cales son os módulos deste ciclo?

MódulosHoras
Habilidades sociais123
Primeiros auxilios53
Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación139
Metodoloxía da integración social das persoas con dificultades de comunicación, linguaxe e fala80
Sensibilización social e participación80
Intervención socioeducativa con persoas xordocegas133
Contexto da mediación comunicativa con persoas xordocegas160
Lingua de signos240
Ámbitos de aplicación da lingua de signos175
Intervención con persoas con dificultades de comunicación87
Técnicas de intervención comunicativa160
Proxecto de mediación comunicativa26
Formación e orientación laboral107
Empresa e iniciativa emprendedora53
Formación en centros de traballo384