III Edición MENSAXES POLA IGUALDADE:
Lema gañador, entrega de diploma e agasallos.

Nesta edición realizada no marco da conmemoración do 8 de marzo Día das Mulleres, o concurso puxo o foco na necesidade de incluir a perspectiva de xénero en todo o que afecta á saúde física, psíquica e social das mulleres: dereitos reprodutivos e sexuais, saúde mental, tratamento médico, decisións persoais, diversidades sexuais, …


Resultando como lema gañador o da alumna de Integración social modular Valeria Espiñal Carreño. Así mesmo fíxose entrega a todas as persoas participantes dun agasallo poñendo en valor as súas propostas.

“Na investigación, representación e inclusión. Saúde tamén para nós!”

  Valeria Espiñal Carreño. PARABÉNS!!!