I PREMIO DE LITERATURA INFANTIL SIMBAD, PARA O RECORDO E O ALZHÉIMER
Queres participar nun certame literario destinado a concienciar á sociedade sobre a enfermidade do alzhéimer e outras doenzas que comparten a deterioración cognitiva e a perda da memoria e da identidade?
A Asociación Agadea Alzhéimer, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e outras entidades, convoca o Premio de Literatura Infantil Simbad, dirixido a persoas maiores de idade que presenten orixinais inéditos en galego de calquera dos seguintes xéneros, sempre respectando o código de literatura infantil: novela, poesía, teatro, álbum ilustrado e novela gráfica.
O prazo de presentación estará aberto ata o 15 de agosto de 2022 e aquí pódense atopar as bases para participar.
A resolución do xurado farase pública o 21 de setembro, Día do Alzhéimer.
