A Facultade de Medicina e Odontoloxía de Santiago publica imaxes de expresións populares en galego coa súa equivalencia técnica.

No marco da campaña “Entendo, logo diagnostico. Técnico&popular”, publicouse unha serie de dezaoito imaxes nas que se recollen expresións populares en galego sobre síntomas e doenzas cos seus respectivos termos técnicos.A iniciativa está dirixida a profesionais da medicina, co ánimo de que poidan comprender o que lles transmiten os/as pacientes e así poder realizar diagnósticos correctos.Podes acceder á colección de imaxes na páxina de Facebook do SNL da USC.