FAMILIA SANIDADE

CS DOCUMENTACIÓN E ADMINISTRACIÓN SANITARIAS

iNFORMACIÓN ACADÉMICA

Familia: Sanidade.
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior.
Horas: 2000
Código: SSAN08
Título: Técnico superior en Documentación e Administración Sanitarias.

OFERTA FORMATIVA

Réxime adultos presencial: Cursando módulos seleccionados polo alumnado en horario de tarde (de 16:00 a 22:30)

Que se aprende a facer?

Definir e organizar procesos de tratamento da información e a documentación clínica, extraendo e rexistrando datos, codificándoos e validando a información, e garantindo o cumprimento da normativa, así como intervir nos procesos de atención e xestión de pacientes e de xestión administrativa en centros sanitarios.

En que ámbitos se traballa?

No sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, en atención tanto primaria como especializada, así como en centros hospitalarios e de investigación.
Realizan o seu traballo baixo a supervisión do persoal facultativo correspondente ou xerente administrativo/a, de ser o caso.
A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración sanitaria estatal.

Que ocupacións se desempeñan?

Técnico/a superior en documentación sanitaria. Responsable técnico/a de codificación de documentación sanitaria. Responsable técnico/a de arquivos de historias clínicas. Responsable técnico/a de tratamento e deseño documental sanitario. Responsable técnico/a de sistemas de información asistencial sanitaria. Responsable técnico/a de avaliación e control de calidade da prestación sanitaria. Responsable técnico/a de xestión de procesos administrativo-clínicos. Responsable de administración de unidades,  departamento ou centros sanitarios. Asistente de equipos de investigación biomédica. Secretario/a de servizos sanitarios.

MÓDULOS

Cales son os módulos deste ciclo?

MódulosHoras
Arquivamento e documentación sanitarios133
Atención psicosocial a pacientes e persoas usuarias107
Codificación sanitaria191
Empresa e iniciativa emprendedora53
Extracción de diagnósticos e procedementos160
Formación e orientación laboral107
Formación en centros de traballo384
Ofimática e proceso da información240
Proxecto de documentación e administración sanitarias26
Sistemas de información e clasificación sanitarios87
Terminoloxía clínica e patoloxía213
Validación e explotación de datos123
Xestión administrativa sanitaria123
Xestión de pacientes53