DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Dentro das accións de 11F Día da Muller e da Nena na Ciencia seguindo coas liñas marcadas no I Plan de Igualdade do noso CIFP.

O Equipo de Igualdade do CIFP Ánxel Casal continuamos cos Encontros de Cine neste curso 2021-2022.


Esta terceira proxección realizase en colaboración co Departamento de LInguas estranxeiras.

11 de febreiro de 2022: con 3 pases para a proxección da película Figuras Ocultas en versión orixinal en inglés (con subtítulos) Hidden Figures.

En horario de mañá: 1º pase de 9:30 a 11:30- 2º pase de 12:30 a 15:00

En horario de tarde: 16:30 a 19:00.


Debido ao aforo limitado do Salón de Actos e as limitacións polo protocolo Covid os grupos foron convidados de antemán. Nesta ocasión priorízouse ao alumando seguinte:

Alumnado dos ciclos que teñen seccións bilingües e/ou módulo de inglés.
Ao alumnado do ciclo Educación infantil tanto de ordinario como de modular.


Compartimos co todas e todos vós os materiais por se queredes compartilos/difundilos co voso alumando na aula virtual.

A película tamén está dispoñible na Biblioteca do noso CIFP polo que a proposta pódese replicar na aula.