CONVOCATORIA POLOS CREATIVOS

A Consellería ven de publicar a ORDE do 21 de abril de 2022 pola que se crea o programa de innovación educativa Polos creativos.
Aínda que a convocatoria está principalmente destinada a primaria, secundaria e bacharelato; poderán presentar solicitude os centros que impartan outros ensinos cando o proxecto se atope debidamente adaptado e acreditada a súa pertinencia e viabilidade.
Os Polos Creativos son espazos físicos, creados nos centros educativos, dotados cunha equipación especializada. Permiten albergar actividades de taller, proxectos mediante a experimentación, o  prototipado e a construción, prácticas de investigación e proxectos baseados na abordaxe de problemas reais que inclúan a innovación e fabricación a pequena escala. Funcionarán como centro de actividades nos que se traballe a intelixencia artificial e outras tecnoloxías intensivas, o procesado audiovisual e artístico, realidade virtual e impresión 3D, tecnoloxías de control  computerizado e fabricación  aditiva, mecanizado de diferentes materiais, electromecánica, robótica e  microcontroladores, entre outras.
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto con carácter permanente. Con todo, compre presentar a solicitude o antes posible, posto que serán seleccionados os centros ata esgotar o material de dotación dispoñible, por orde decrecente de puntuación.
A solicitude acompañarase da seguinte documentación: datos do profesorado participante, breve descrición do proxecto (cun horizonte temporal de 2 cursos), análise DAFO e análise de necesidades.
Valorarase: a calidade, coherencia e viabilidade do proxecto (ata 50 puntos); a presenza de docentes de diferentes disciplinas e maior porcentaxe de participación (ata 20 puntos); participación da comunidade educativa e apertura a actividades comunitarias (ata 10 puntos) e innovación didáctica e propostas de difusión que achega o proxecto (ata 20 puntos).
A convocatoria permite a adaptación de espazos e a dotación do seguinte material:

  • Mobiliario: mesas abatibles e portátiles, cadeiras lixeiras e apilables de fácil limpeza, mesas  poligonales e para traballo en grupo, tallos, cadeiras con rodas,  encerado, andeis e armarios metálicos, armarios con portas e caixóns, asentos modulares e de colchón, bancadas, bancos de traballo e carros de carga, etc.
  • Audiovisual, fotografía e  RV: cámaras de fotografía e vídeo,  trípodes, sistemas de gravación de audio e radio, soportes para tabletas, cromas, equipamento de iluminación, gimbals, lentes de  RV.
  • Electrónica e robótica: kits de electrónica básicos e avanzados para diferentes  eda deas, robots de chan e  programables, placas tipo  microbit e  RasberryPi,  microcontrolado res, sensores,  actuadores, sistemas  IoT, domótica, circuítos de papel, kits de simulación de teclado e rato, etc.
  • Tecnoloxía: ferramenta manual, sistemas de aspiración, placas de indución, talla  dros e  brocas, pistolas de aire quente e de pegamento  termofusible,  EPIs, tesoiras, lixadoras,  caladoras, etc.
  • Fabricación, construción e téxtil:  plotters de corte,  plastificadoras, máquinas de  cha  pas,  CNC, impresión 3D, kit de e-téxtiles ou  weareables, xogos de construción de pezas  encajables (básicos, en madeira ou magnéticos), máquina de coser. 6. Informática: monitores, computadores, taboleiros interactivos, impresoras multifunción, tabletas, escáner 3D, etc.

Certificarase a actividade cunha equivalencia en 20 horas de formación permanente.