CONVOCATORIA DE ESTADÍAS FORMATIVAS EN EMPRESAS OU INSTITUCIÓNS

A formación desenvólvese nos centros de traballo de distintas empresas ou institucións, potenciando o coñecemento directo dos procesos produtivos que se desenvolven nelas.

Dentro da relación de empresas que manifestaron o seu interese en participar na convocatoria, figuran varios centros relacionados coas familias profesionais do noso centro, especialmente coa familia de sanidade, tal e como vos indico a continuación. En calquera caso, a persoa solicitante poderá asinar acordo con calquera outra empresa que non figure nesta relación.

MODALIDADE A

  • Hospital Clínico Universitario de Santiago
  • Hospital de Barbanza
  • Hospital Universitario Lucus Augusti
  • Hospital Público de Monforte de Lemos
  • Hospital Universitario da Coruña
  • Hospital Meixoeiro
  • Hospital Álvaro Cunqueiro
  • Complexo Hospitalario Universitario de Ourense
  • Fundación Centro Oncolóxico de Galicia “José Antonio Quiroga y Piñeyro”
  • Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia – 061”


MODALIDADE B

  • Aloumiños S.L. (Foz)
  • Audias, S.L. (A Coruña)
  • Idea (Foz)
  • Instituto Universitario de Medio Ambiente (Oleiros)
  • Laboratorio dental Noya Figueira S.L. (A Coruña)


As estadías poderán realizarse desde o 20 de abril ata o 10 de setembro de 2022 (no mes de agosto con autorización previa), cunha duración mínima de 8 horas e máxima de 160 horas. Con carácter xeral, non deberán interferir coas actividades lectivas establecidas no horario do profesorado.

O procedemento de solicitude desenvolverase en dúas fases:

1ª fase: ata o 23 de marzo de 2022. Presentación da solicitude de participación, a través de FProfe (apartado de “convocatorias”)


2ª fase: ata o 6 de abril de 2022. Realización do proxecto en FProfe e presentación de solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia.


O profesorado terá dereito a unha bolsa de estudos se a estadía ten lugar fora do termo municipal de residencia ou do centro de destino,.
O profesorado que acade unha avaliación positiva recibirá unha certificación por formación correspondente ao número de horas cursadas.

Podedes consultar toda a información na seguinte ligazón:
http://www.edu.xunta.gal/fp/estadias-formativas-en-empresa