COMEZA O TEMPO DE VERÁN!

Tedes plans para o verán? Velaquí unha pequena escolma de propostas xeitosas:

Cos quilómetros de praias que temos en Galicia, o normal é que pensemos en pasar un rato nun areal ou mesmo na beira do río.

Quen desfrute coa música pode organizar unha complexa axenda de festivais. E quen prefira o mundo da gastronomía ten aquí o menú de todo o ano.

Ademais xa se pode reservar praza para visitar as Illas Cíes ou a de Ons e, indo cara ao norte, tamén están abertas as reservas para a Praia das Catedrais.

Sexa como sexa, desfrutade. Moi bo verán!