“Comadre” convértese na Palabra do Ano 2022 en lingua galega

Comadre, unha das seis voces finalistas na votación popular promovida pola RAG e a Fundación Barrié, a través do Portal das Palabras, converteuse na Palabra do Ano 2022 con máis do dobre de votos que o segundo vocábulo máis apoiado, candorca. O terceiro termo en votos foi ecocidio, seguido de resiliencia, autoestima e inflación.