A Fundación Rosalía de Castro volve poñer en marcha no aniversario de Rosalía o “Caldo de Gloria”, unha iniciativa inspirada no poema “Miña casiña, meu lar” no que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia.
O CIFP Ánxel Casal-Monte Alto únese a esta iniciativa. Por iso o profesorado que o 23 de febreiro coma no centro desfrutará dun fantástico caldo (moitísimas grazas Elena).


E dende a casa tamén podemos unirnos facendo e comendo o caldo e lendo o poema ‘Miña casiña, meu lar’ de Follas Novas ou calquera outro. Aquí vos deixamos algúns consellos de Lucía Freitas (do restaurante A Tafona, estrela Michelín) para a elaboración.
Desfrutádeo moito e, se vos presta, compartídeo nas redes sociais cos seguintes cancelos (hashtags): #CaldodeGloria #DíadeRosalía e/ou enviando unha foto ao enderezo: edlg@cifpanxelcasal.es

Feliz día de Rosalía!