BASES DO CONCURSO WORDLEGALEGO PARA O ALUMNADO
Xoga coas palabras e gaña unha experiencia de aventura, gastronomía ou benestar a elixir entre moitas opcións!!
Velaquí as bases do concurso:
- Pode participar todo o alumnado matriculado no CIFP Ánxel Casal-Monte Alto no curso 2021-22.
- Importante!! As palabras que hai que acertar son as dos días 9, 10, 11, 12 e 13 de maio de 2022.
- A ligazón para participar é: https://drive.google.com/file/
d/1G8B88owE- ROLiInTzbywG08JxMnuEIbv/view - A ligazón estará tamén na web do centro, nas redes sociais e nos códigos QR da vitrina do corredor e da pantalla da entrada
- A aplicación do xogo propón unha palabra diaria, polo que, unha vez acertada, haberá que agardar ás 00.00h do día seguinte para poder descubrir a seguinte.
- As palabras acertadas teñen que ser enviadas xuntas, ao final do xogo, a través do formulario, así que ide apuntándoas!!!
- Poden enviarse respostas coas 5 palabras acertadas ata o martes 17 de maio.
- O premio, a sortear entre as persoas que acerten as 5 palabras, consiste nunha experiencia de aventura, gastronomía ou benestar a elixir entre moitas opcións: clase de surf, masaxe relaxante, cata en bodega con denominación de orixe, descenso en piragua etc.).
- Comunicarase a persoa gañadora do concurso na semana das Letras Galegas.
- A app do xogo é sinxela e na “?” ten as instrucións.
- Para localizar á persoa gañadora e entregar o premio, o formulario pedirá un correo-e, o nome e apelidos e o curso no que estades matriculadas/os.
Animádevos a participar!
