ANDAINA AMBIENTAL

O vindeiro martes, 21 de marzo, o profesorado do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto participará nunha xornada ambiental na contorna da Torre de Hércules da man do Grupo Naturalista Hábitat. 

Aprenderemos a identificar, recoñecer e respectar a diversidade biolóxica e os hábitats máis representativos deste Espazo Natural de Interese Local (ENIL).