A obra de Rosalía de Castro estará presente no III Encontro da Noite en Coruña

O sábado 14 de maio a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío organiza unha xornada sobre contaminación luminosa, protección da noite e paisaxe nocturna. 
 
Anxo Angueira, poeta e Presidente da Fundación Rosalía de Castro, abrirá o encontro coa intervención “Rosalía de Castro e a noite” porque a paisaxe da noite está moi presente na obra da escritora. No seu tempo non había contaminación luminosa, así que o firmamento e os corpos celestes formaban parte da vida cotiá de todas as persoas e, por suposto, están integrados na literatura da autora máis relevante das Letras Galegas.
 
Asegura a túa praza no encontro a través deste formulario en liña.