A Cooperativa Alternativa de Emprego para a Mocidade Galega 1ª edición
A Unión de Cooperativas EspazoCoop preséntavos a 2ª edición do Programa: “A cooperativa alternativa de emprego para a mocidade galega” que se impartirá nos meses de xuño e xullo de 2023 e ofrece tres cursos de teleformación, GRATUÍTA, que se desenvolverán na Aula Virtual de EspazoCoop.
A oferta formativa dá inicio o día 6 de Xuño.
É preciso realizar a inscrición previa para entrar na selección de participantes.

O Programa está composto por 3 actividades de teleformación, dentro dun itinerario formativo que se pode realizar por completo (adquirindo un total de 60 horas en materia cooperativa), ou ben pódese realizar o curso que se desexe, aínda que o ideal e a recomendación sería realizalos todos pola orde proposta na relación dos cursos.
CURSOS DA 2ª EDICIÓN DO PROGRAMA:
A COOPERATIVA ALTERNATIVA DE EMPREGO PARA A MOCIDADE GALEGA
- Emprendemento cooperativo para a mocidade | 20 h. | Teleformación | Do 6 ao 20 de xuño de 2023
- Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas | 20 h. | Teleformación | Do 27 de xuño ao 11 de xullo de 2023
- Desenvolvendo a idea cooperativa | 20 h. | Teleformación | Do 17 de xullo ao 2 de agosto de 2023
TODA A INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS
Na web de EspazoCoop está a dispór toda a información de cada un dos cursos, así como o acceso ao formulario de inscrición: Fai clic neste enlace
Anímate a participar, e se consideras que esta información lle pode interesar a alguén difunde e recomenda este programa de formación.