APLICACIÓNS PARA O USO INCLUSIVO E NON DISCRIMINATORIO DA LINGUA.

Xanela Inclusiva e Ventana Inclusiva son unhas aplicacións correctoras de estilo para un uso inclusivo e non discriminatorio da lingua galega e castelá.Os correctores detectan o emprego de linguaxe sexista e discriminatoria reformulando e ofrecendo termos non sexistas e inclusivos.Dende aquí o noso agradecemento ás profesionais de ACADAR polas súas contribucións prácticas a prol da inclusión de todas as persoas.