Queres emprender e validar a túa idea de negocio?
Se tes entre 18 e 31 anos e ganas de xerar un impacto positivo no mundo, inscríbete en Explorerbyx.org antes do 11 de decembro.

O programa Explorer “Mozos con solucións” axúdache a experimentar o emprendemento como opción profesional. Traballarás sobre a túa idea transformándoa nunha solución que contribúa a lograr os ODS 2030, cun enfoque práctico e baseado en dinámicas de aprendizaxe social.

• Lugar: UDC A Coruña Space  e UDC Ferrol Space

• Duración: 12 semanas (do 25 de xaneiro ao 25 de abril de 2021)
• Prezo: gratis
• Participación: só/a ou en equipo (máximo de 5 participantes)
• Metodoloxía: sesións presenciais ou virtuais e espazo en liña de traballo social e colaborativo.
• Titorización: cada proxecto será guiado e acompañado por un coordinador/a e un xcout (mentor/a). • Beneficios:

– Certificado de participación.

– Explorer Trip: viaxe dunha semana a un hub de innovación europeo para o mellor proxecto de cada sede.

– Comunidade: acceso a unha comunidade global de mozos innovadores coa incorporación de Explorer Spaces americanos e europeos.

Participa e apúntate co teu proxecto. Prazas limitadas