PROGRAMA EMPRENDE ACTÚA

 28 Noviembre 2019 

O pasado 14 de novembro tivo lugar no noso centro o desenvolvemento do Programa Eduemprende Actúa.

Este programa é unha acción que se desenvolve directamente nos centros educativos e consiste en achegar a realidade emprendedora a eles coa presenza activa de persoal técnico do IGAPE e dunha/s persoa/s emprendedora/s que dean a coñecer ao alumnado a súa experiencia persoal, como ferramenta que lle permita afianzar o espírito emprendedor e a iniciativa empresarial a partir de aptitudes como a creatividade, a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico.

Relatora do IGAPE: Fátima Rodríguez Figueiras.

Perfil: Licenciada en Ciencias Políticas, a súa paixón sempre foi o desenvolvemento local.Experiencia: Empezou como técnica de emprego na administración pública, no BIC Galicia, para dedicarse logo ao sector da consultoría na empresa privada. En xaneiro de 2011 faise cargo de PROMOVE, unha empresa de consultoría e formación, con sede en Santiago de Compostela.
Creatividade, proximidade, orientación a resultados e búsqueda de sinerxías, son os seus retos do día a día, e a perspectiva de xénero e o medio ambiente, os piares básicos do seu compromiso a nivel persoal, que son aplicados como eixos transversais en todos os proxectos de Promove.

Relatora emprendedora: Alba Pardo Servia

Perfil: Educadora Social, Traballadora Social, Pedagoga, Directora de Tempo Libre e Axente de Igualdade. É unha persoa creativa e dinámica á que lle encanta aportar ideas frescas e traballar arreo co seu equipo para asegurar que as cousas saian ben.

Experiencia: leva casi 20 anos traballando no sector social, en Concellos, ONG´s e diferentes asociacións. Fai 6 anos decidíu lanzarse ao reto de emprender no social e a súa empresa actúal: “INNOVA, CONSULTORÍA, FORMACIÓN Y PROYECTOS, SL” adícase á Formación non reglada, ocio educativo, extraescolares, proxetos sociais e socioeducativos. E nas súas palabras: “Desde áquella no he dejado de remar ni un solo día y aquí sigo con alguna magulladura pero nada que no pueda curarse con unas buenas dosis de entusiasmo y persistencia”.

As dúas relatoras conseguiron espertar o interese do alumnado presente no acto, que na derradeira parte do mesmo realizou moitas preguntas sobre as súas traxectorias e experiencias. Chamoulles moito a atención a explicación por parte de Alba Pardo en relación ao fracaso da súa primeira empresa, na que chegou incluso á ruina e como soubo facerlle frente á espantosa situación e como un ave fénix “rexurdir das súas cinzas”, volvendo a emprender, esta vez con éxito.