PREMIOS PROXECTOS DE INNOVACIÓN TECNOLÓXICA, CIENTÍFICA E DIDÁCTICA

A Subdirección Xeral de FP ven de publicar a nova convocatoria de premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da FP en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.


O prazo de presentación de solicitudes comeza o 12 de xaneiro e permanecerá aberto ata o 11 de febreiro de 2022.

A convocatoria establece dúas modalidades de proxectos, unha de innovación tecnolóxica ou científica, dotada con ata 50.000 € por proxecto, e outra de innovación didáctica, cuxo premio ascende a un máximo de 30.000 € por proxecto.
O profesorado implicado recibirá unha certificación de premio cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente, para a persoa coordinadora, e 20 horas para o profesorado participante.


Para máis información podedes consultar o seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/fp/premios-proxectos-innovacion-na-fp-convocatoria-2022


As persoas interesadas en participar que precisen asesoramento, poden contactar conmigo no enderezo formacion.cifp.anxel.casal@edu.xunta.gal