OBRADOIROS RONSEL 22-23
Este curso, como non podería ser doutra forma, volvemos a establecer relacións coa Fundación Ronsel, co fin de promover a cultura de emprendementro no centro. Esta relación xa de moitos anos plasmouse na firma dun convenio de colaboración entre as dúas entidades, para a realización de diversas actividades.
Éstas consisten na realización duns obradoiros orientados ao emprendemento que se desenvolverán durante o primeiro e o segundo trimestre, nos que se abordarán os seguintes contidos :
Tendenzas e oportunidades de negocio
“As 5 V”, cómo analizar a viabilidade dun proxecto
Estos contidos impartiránse ao longo de súas sesións cada obradoiro. Para a organización e desenvolvemento destas actividades contouse coa colaboración do profesorado do departamento de Formación e Orientación Laboral, que se implicou no proxecto, cedendo horas das súas clases para que a meirande parte do alumnado do centro poda acceder a esta formación. As primeiras sesións terán lugar no vindeiro mes de novembro.
A colaboración coa Fundación Ronsel tamén inclúe obradoiros en relación coa Búsqueda de emprego, simulación de entrevistas de traballo, etc.
