IV Edición MENSAXES POLA IGUALDADE 8M Día Internacional das Mulleres

A IV edición do concurso Mensaxes pola igualdade ten por obxecto o fomento da cultura en igualdade mediante o deseño de hashtag que poñan en valor o papel cultural, histórico e social das mulleres e/ou contribúan de forma relevante ao avance no asentamento social da aposta pola igualdade de xénero.

Empregarán a lingua galega e unha linguaxe con perspectiva de xénero. 

Poderán presentar candidaturas todas as persoas que estean desempeñando o seu traballo ou cursando estudios no CIFP Ánxel Casal-Monte Alto durante o curso académico 2022- 2023. 

Powered By EmbedPress