FAMILIA SANIDADE

CM EMERXENCIAS SANITARIAS

iNFORMACIÓN ACADÉMICA

Familia: Sanidade.
Sistema educativo: LOE
Grao: Medio.
Horas: 2000
Código: MSAN01
Título: Técnico en emerxencias sanitarias.

OFERTA FORMATIVA

Réxime adultos presencial: Cursando módulos seleccionados polo alumnado en horario de tarde (de 16:00 a 22:30)
Réxime adultos semi-presencial ou a distancia: Cursando módulos seleccionados polo alumnado a distancia. Titorías e exames en horario de tarde (De 16:00 a 22:30h)

Que se aprende a facer?

Executar as actividades de traslado do paciente ao centro sanitario, prestar atención básica sanitaria e psicolóxica no contorno prehospitalario, levar a cabo actividades de teleoperación e teleasistencia sanitaria, e colaborar na organización e no desenvolvemento dos plans de emerxencia, dos dispositivos de risco previsibles e da loxística sanitaria ante unha emerxencia individual ou colectiva, ou unha catástrofe.

En que ámbitos se traballa?

No sector sanitario público ou privado relacionado co traslado de pacientes ou vítimas, e a prestación de atención sanitaria e psicolóxica inicial, coa colaboración na preparación e no desenvolvemento da loxística sanitaria ante emerxencias colectivas ou catástrofes, así como participando na preparación de plans de emerxencia e dispositivos de risco previsible do ámbito da protección civil.

Que ocupacións se desempeñan?

Técnico/a en transporte sanitario, técnico/a de emerxencias sanitarias, operador/a de teleasistencia, operador/a de centros de coordinación de urxencias e emerxencias.

MÓDULOS

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Anatomofisioloxía e patoloxía básicas 107
Apoio psicolóxico en situacións de emerxencia 53
Atención sanitaria especial en situacións de emerxencia 227
Atención sanitaria inicial en situacións de emerxencia 266
Dotación sanitaria
Sección bilingüe (Inglés)
107
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Evacuación e traslado de pacientes 245
Formación e orientación laboral 107
Formación en centros de traballo 410
Loxística sanitaria en emerxencias 160
Mantemento mecánico preventivo do vehículo 80
Plans de emerxencias e dispositivos de riscos previsibles 105
Teleemerxencias 80