DIOP

DEPARTAMENTO DE INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN PROFESIONAL

FINALIDADE DO DEPARTAMENTO DE INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN PROFESIONAL.

Axudar a calquera persoa a tomar una decisión sobre:

  • A súa EDUCACIÓN E FORMACIÓN
  • Xestionar a súa TRAXECTORIA PROFESIONAL

 

¿QUEN PODE SOLICITAR INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN?

Todo o alumnado do centro e calquera persoa allea ao centro interesada na información sobre os estudos e/ou orientación profesional.

Contacta co Departamento de Información e Orientación Profesional a través do enderezo electrónico: orientacion.cifp.anxel.casal@edu.xunta.gal

ORIENTACIÓN ACADÉMICA

FACILITAR a tarefa académica e orientar sobre as diferentes opcións formativas:

  • Asesoramento e orientación personalizada ao alumnado do centro que presenta dificultades no ámbito académico.

 

  • Apoio ás actividades de información, orientación e titoría que o profesorado realice no centro co seu alumnado.

 

  • Información e asesoramiento sobre as diferentes opcións académicas e formativas.

ORIENTACIÓN PROFESIONAL

MELLORAR e facilitar a inserción e futuro profesional:

  • Información ao alumnado e a calquera persoa interesada sobre as oportunidades de acceso ao empleo, a oferta de cursos de formación especializada e reciclaxe, certificados profesionais, opcións formativas e acreditación de competencias.

 

  • Xestión da Bolsa de Emprego do centro, establecendo canles para que as ofertas de emprego sexan coñecidas polo alumnado.

 

  • Organización de actividades formativas complementarias, conducentes a mellorar o coñecemento das oportunidades formativas e laborais, e para conseguir una mellor inserción laboral.

 

  • Información e asesoramiento aos participantes do procedemento de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral (ARA)

 

  • Fomento do emprendemento e promoción e difusión do Vivero de Empresas do centro e dos programas de emprendemento.

 

  • Elaboración dos estudos de inserción laboral do alumnado que rematou os seus estudos no CIFP.

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

ASESORAR sobre a resposta educativa á diversidade do alumnado:

  • Elaboración dos ditames de escolarización do alumnado que presenta alguna necesidade educativa especial.

  • Colaboración na detección de problemas de aprendizaxe e na organización e desenvolvemento das medidas de atención á diversidade.

  • Seguimento e acompañamento no proceso educativo do alumnado que presenta necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) de cara a ofrecerlle una resposta educativa de calidade e adaptada ás súas necesidades.

INFORMACIÓN - DOCUMENTACIÓN

CONTACTO:

CIFP ÁNXEL CASAL – MONTE ALTO
Paseo Marítimo, 47 – 15002 – A Coruña

HORARIO ATENCIÓN TELEFÓNICA:
Mañás das 12:00 as 13:00 horas
Tardes das 19:00 as 20:00 horas

COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO.

As persoas que traballamos neste departamento somos:

  • Xefa do departamento.
  • Coordinador/a de Emprendemento.
  • Profesor/a do Dpto. Sanidade.
  • Profesor/a do Dpto. Servizos a comunidade.
  • Profesor/a do Dpto. Servizos a comunidade.
  • Profesor/a do Dpto. FOL
Acceso profesorado