QUÍMICA

CURSO ESPECIALIZACIÓN CULTIVOS CELULARES

iNFORMACIÓN ACADÉMICA

Familia: Química
Sistema educativo:
Grao:
Horas: 600
Código:
Título: Certificado que acredite a superación do curso de especialización en cultivos celulares.

OFERTA FORMATIVA

Réxime ordinario: Todos os módulos se distribúen en un curso académicos en horario de tarde.

cultivos_celulares_baner_2_1

Que se aprende a facer?

Obter, procesar e preservar cultivos celulares e tisulares, para serviren como apoio ao diagnóstico, aos ensaios terapéuticos, a procura de medicamentos, á creación e ao mantemento de bancos celulares, á investigación e outros campos de interese, mantendo as instalacións e os equipamentos involucrados nos procesos e cumprindo as especificacións de calidade, prevención de riscos e protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?

Empresas ou laboratorios de secores nos que cumpra realizar cultivos celulares.O sector do laboratorio biomédico e biotecnolóxico é o que actualmente desenvolve estas técnicas, así como as industrias biofarmacéuticas dedicadas á obtención de productos biotecnolóxicos, tanto en sectores que teñan como principal actividade a utilización do organismos vivos ou os seus componentes, como naquelas outras que, malia non telo como a súa actividade principal, poidan innovar con técnicas de producción biotecnolóxica sobre algúns productos e procesos.

Que ocupacións se desempeñan?

Experto en cultivos celulares.

MÓDULOS

Cales son os módulos deste ciclo?

MódulosHoras
Aplicacións de cultivos celulares94
Cultivos celulares133
Formación en centros de traballo120
Laboratorio de cultivos celulares67
Normas de calidade e regulación aplicables a cultivos celulares53
Técnicas complementarias en cultivos celulares133