COMUNICACIÓN DA POSTAL GAÑADORA

O Xurado do Concurso de postais dixitais de Nadal organizado polo EDLG vén de comunicar que a postal gañadora é a de ALEXANDRA FERNANDA ESMORÍS DA SILVA,
alumna do Ciclo Medio de Atención a persoas en situación de dependencia. Moitos parabéns!!!

Ademais o Xurado outorga dous agasallos especiais ás seguintes alumnas, autoras das POSTAIS FINALISTAS:

Alba Pardo Felpete, do Ciclo Superior en Documentación e administración sanitaria.
Noelia Pérez Campos, do Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turistica.

A ENTREGA DE PREMIOS realizarase na Bibioteca do centro o vindeiro martes, 20 de decembro de 2022 no recreo da mañá e no recreo da tarde.
Moitas grazas pola vosa participación!