Xa chegou o novo curso 2019/2020 e con él a Coordinación de Emprendemento do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto, que dende o seu blog segue a fomentar o emprendemento entre o noso alumnado e promocionar a cultura emprendedora, por eso, seguiremos informando de todos aqueles aspectos que vos animen a convertiros en emprendedores e dar o paso cara unha aventura empresarial, poñendo a vosa idea en práctica.

Recordade que contamos cun VIVEIRO DE EMPRESAS que é un local dividido en despachos equipados con moblaxe, sala de reunións, equipamentos informáticos e os servizos precisos para levar as xestións necesarias para a posta en marcha da túa iniciativa emprendedora. No viveiro tamén contarás con asesoramento para o teu proxecto.

Poden acceder os alumnos que teñan un proxecto empresarial a desenvolver en Galicia, sempre que estean matriculados no derradeiro curso dun ciclo formativo de formación profesional, os que o remataran nos catro últimos anos, e tamén os que estean a estudar bacharelato.

O procedemento de acceso consiste en:

Entrevista incial co titor do viveiro

Elaboración do plan de empresa

Se o proxecto se valora como viable, asinarase o Contrato de cesión de espazo no viveiro de empresas do CIFP, para usar de forma gratuíta as instalacións do viveiro como sede da empresa.

Poderase disfrutar das instalacións do viveiro por un prazo de 2 anos, prorrogable nalgúns casos ata 3 anos.

Para mais información contactar coa Coordinadora de Emprendemento, Paula Díaz Carballada, no seguinte horario, no viveiro de empresas:

Luns: de 10:30 a 11:30 horas

Martes: de 13:00 a 14:00 horas

Xoves: de 10:30 a 11:30 e de 12:00 a 13:00 horas

Venres: de 10:30 a 11:30 horas