FAMILIA SERVIZOS SOCIOCULTURAIS E Á COMUNIDADE

CM ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA

iNFORMACIÓN ACADÉMICA

Familia: Servizos socioculturais e á comunidade.
Sistema educativo: LOE
Grao: Medio.
Horas: 2000
Código: MSSC01
Título: Técnico en atención a persoas en situación de dependencia.

OFERTA FORMATIVA

Réxime ordinario: Todos os módulos se distribúen en dous cursos académicos en horario de mañá (De 8:30h a 15:00h)
Réxime adultos presencial: Cursando módulos seleccionados polo alumnado en horario de tarde (De 16:00h a 22:30h)
Réxime adultos semi-presencial ou a distancia: Cursando módulos seleccionados polo alumnado a distancia. Titorías e exámenes en horario de tarde (De 16:00 a 22:30h)

dependencias_2

Que se aprende a facer?

Atender as persoas en situación de dependencia no ámbito domiciliario e institucional, co fin de manter e mellorar a súa calidade de vida, realizando actividades asistenciais e non asistenciais, psicosociais e de apoio á xestión doméstica, aplicando medidas e normas de prevención e seguridade, e derivándoas a outros servizos en caso necesario.

En que ámbitos se traballa?

No sector de servizos ás persoas, de carácter asistencial, psicosocial e de apoio á xestión doméstica.

Que ocupacións se desempeñan?

Coidador/ora de persoas en situación de dependencia en institucións e/ou domicilios, coidador/ora en centros de atención psiquiátrica, xerocultor/ora, gobernante/a esubgobernante/a de persoas en situación de dependencia en Institucións, auxiliar responsable de planta de residencias de maiores e persoas con discapacidade, auxiliar de axuda a domicilio, asistente de atención domiciliaria, traballador/ora familiar, auxiliar de educación especial, asistente persoal, teleoperador/ora de teleasistencia.

MÓDULOS

Cales son os módulos deste ciclo?

MódulosHoras
Apoio domiciliario 240
Atención e apoio psicosocial 240
Atención sanitaria 213
Características e necesidades das persoas en situación de dependencia 160
Formación e orientación laboral 107
Apoio á comunicación 87
Atención hixiénica 87
Destrezas sociais 123
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación en centros de traballo 410
Organización da atención ás persoas en situación de dependencia 123
Primeiros auxilios 53
Teleasistencia 104