A Cooperativa Alternativa de Emprego para a Mocidade Galega 1ª edición

A Unión de Cooperativas EspazoCoop preséntavos a actividade formativa da 1ª edición do Programa: “A cooperativa alternativa de emprego para a mocidade galega” durante os meses de marzo, abril e maio de 2023, no que ofrece tres cursos de teleformación, GRATUÍTA, que se desenvolven na Aula Virtual de EspazoCoop.

A oferta formativa dá inicio o día 28 de Marzo e está conformada por actividades en modalidade Teleformación, a través da plataforma da Aula Virtual de EspazoCoop.

É preciso realizar a inscrición previa para entrar na selección de participantes.

O Programa está composto por 3 actividades de teleformación, dentro dun itinerario formativo que se pode realizar por completo (adquirindo un total de 60 horas en materia cooperativa), ou ben pódese realizar o curso que se desexe, aínda que o ideal e a recomendación sería realizalos todos pola orde proposta na relación dos cursos.

CURSOS DA 1ª EDICIÓN DO PROGRAMA: 
A COOPERATIVA ALTERNATIVA DE EMPREGO PARA A MOCIDADE GALEGA

  • Emprendemento cooperativo para a mocidade | 20 h. | Teleformación | Do 28 de marzo ao 10 de abril de 2023
  • Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas | 20 h. | Teleformación | Do 18 de abril ao 2 de maio de 2023
  • Desenvolvendo a idea cooperativa | 20 h. | Teleformación | Do 23 de maio ao 9 de xuño de 2023

TODA A INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

Na web de EspazoCoop está a dispór toda a información de cada un dos cursos, así como o acceso ao formulario de inscrición: Fai clic neste enlace

Anímate a participar, e se consideras que esta información lle pode interesar a alguén difunde e recomenda este programa de formación.